Do 21 ao 25 deste mes Pontevedra será a capital da moda co DEBUT2016

Pontevedra> Do 21 ao 25 deste mes Pontevedra será a capital da moda coa décimo edición de Debut. Unha iniciativa que organizan dende a Escola Superior de Deseño e Moda da cidade do Lérez e que ten como fin servir de ponte entre os estudantes e o mundo profesional. 4 días nos que haberá worshops, marterclass e como colofón final o desfile que será o día 24 ás 20:00 no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

 

A vindeira semana, dende o luns 21 ata o venres 25, Pontevedra será a capital da moda coa décima edición do seu DEBUT2016. Unha cita organizada pola Escola Superior de Deseño e Moda da cidade do Lérez. 

Este evento contará con worshops nos que participarán Daniel Garzee, Shingo Sato ou a ex alumna deste centro Elena Rial entre outros. Tamén haberá masterclass como a protagonizada por Gisela Fortuna e a cita estrela por excelencia que será o desfile o día 24 de novembro ás oito da tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Nesta ocasión serán 13 os titulados deste ano. Dende a escola agardan que as xornadas técnicas que terán lugar o venres 25 na Casa das Campás sexan un éxito e os seus alumnos consigan canto antes abrirse paso no mundo laboral. A directora desta Escola lembrou que ese é sen dúbida un dos obxectivos claves deste DEBUT, converterse nunha ponte entre o estudante e o mundo real. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/debut_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/debut.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí