Carmela Silva acepta a reunión con Rueda pero con puntualizacións

3

Pontevedra> A pelota Xunta Deputación, Deputación Xunta continúan en xogo. Se onte Alfonso Rueda convidaba a Carmela Silva a manter unha reunión con el como vicepresidente, coa conselleira de medio ambiente e con empresarios de ENCE na delegación da Xunta en Pontevedra para falar sobre o futuro do Pazo de Lourizán. Hoxe a presidenta da Deputación dixo que iría esa reunión pero con modificacións, en primeiro lugar que soamente se reuniría co vicepresidente e coa conselleira e que esta cita debería ter lugar na Deputación. 

 

Parece que o futuro sobre o Pazo de Lourizán que Xunta e Deputación deben analizar conxuntamente nunha reunión vai a ter que agardar … Onte Alfonso Rueda enviaba unha invitación á presidenta de deputación para falar sobre este asunto, unha reunión á que asistirían el como vicepresidente, a conselleira de Medio Ambiente e empresarios de ENCE, unha cita que tería lugar na delegación da Xunta en Pontevedra. Pois ben hoxe Carmela Silva dixo que xa lle respostou a esta invitación poñendo un escrito con varias datas que a presidenta ten libres pero tamén con modificacións. Silva volveu a subliñar que ela non se reúne con empresas privadas e que esta cita deberá ter lugar no Pazo Provincial. 

Carmela Silva ten claro que se sentará nesa reunión con Rueda e con Beatriz Mato pero que dende a Deputación como entidade pública non teñen nada do que falar cunha empresa privada como ENCE. Sobre outros asuntos… sobre política xeral a presidenta da deputación enviou varios recados esta mañá, en primeiro termo a presidenta da xestora, Silva cree que Pilar Cancela debe asumir resposabilidades e tamén os malos resultados obtidos no 25 de setembro.

E sobre o comité federal desta fin de semana do seu partido Carmela Silva dixo que a súa posición é clara votará pola abstención do PSOE para evitar unhas terceiras eleccións nacionais. 

Carmela Silva ten claro que unhas terceiras eleccións a nivel nacional non serían boas para o seu partido, a proba está nos resultados que obtivo o PSOE en Galicia e no País Vasco despois do 25 de setembro. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/silva_xeral.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/silva_xeral.mp4{/flowplayer}