Gómez Besteiro desembarca na campaña en Pontevedra e Poio destacando os compromisos do Goberno

PONTEVEDRA/POIO> O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe nos actos de campaña dos candidatos do Partido Socialista en Pontevedra e en Poio. Poñendo en valor os compromisos do Goberno central cos dous municipios. Mentres que en Pontevedra, con Iván Puentes, destacou os avances na tramitación do proxecto do nó de bombeiros. En Poio, xa con Gregorio Agís, percorreu o espazo no que se habilitará a senda costeira que conectará Combarro coa Seca.

Cun paseo por locais hostaleiros da cidade, o delegado do Goberno en Galicia apoiou ao candidato do Partido Socialista de Pontevedra nesta xornada de campaña. Unha visita que José Ramón Gómez Besteiro aproveitou para destacar o compromiso do Estado cunha das demandas históricas do concello: o nó de bombeiros.

Gómez Besteiro tamén manifestou o compromiso do Goberno con outros proxectos impulsados por Iván Puentes, como é o de Pontevedra Flúe.

Tralo seu paso por Pontevedra, o delegado do Goberno visitou o concello de Poio. Alí, co candidato socialista á alcaldía coñeceu o espazo no que se habilitará a senda costeira que conectará o núcleo de Combarro co lugar da Seca.

Gómez Besteiro anunciou tamén o novo paso dado para a construción da EDAR de Paxariñas, que solucionará os problemas de saneamento dos concellos de Sanxenxo e de Poio, en concreto da zona de Raxó e Samieira. O Goberno do Estado declarou urxente a ocupación dos terreos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí