SANXENXO> O concello de Sanxenxo abonou este martes a os afectados de O Revel as cantidades fixadas polo Tribunal de Expropiación. O goberno local destinou a este fin unha partida de 126.000 euros.
Os afectados polas expropiacións de O Revel cobraron este martes as cantidades fixadas polo Tribunal de Expropiación. O concello destinou a este fin unha partida duns 126.000 euros, que xa foron consignados nos presupostos municipais para este exercicio de 2016.
O pago das expropiacións permitirá que o goberno local poida dar o seguinte paso no obxectivo de poñer os terreos a disposición da Xunta. O rexistro de cada unha das parcelas a nome do Concello, e a posterior inscrición no Rexistro da Propiedade de Cambados.
Uns 10.000 metros cadrados de terreo dos que se espera, que sexan ocupados polo futuro colexio de Vilalonga, aínda que antes será necesaria a probación definitiva do Proxecto de Urbanización do ámbito do Plan Especial de Insfraestructuras do PXOM de Sanxenxo. Outro trámite, que segundo o concello, tamén será afrontado en breve.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/expropiacion_revel_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/15/expropiacion_revel.mp4{/flowplayer}