O executivo noiés pide paciencia ós veciños ante novos casos de turbidez

    NOIA> Segundo o alcalde, Santiago Freire, as medidas adoptadas melloraron algo a calidade do subministro pero non deron solución definitiva ó problema. Puntualmente,e de xeito especial nos días de chuvia, os veciños de Noia seguirán sufrindo problemas de turbidez na auga que chega ós seus domicilios procedente da rede xeral de abastecemento. As obras realizadas de cara a mellorar a captación e a potabilización melloraron algo a situación, aínda que non deron a solución definitiva ó problema. Dende o concello noiés pídense desculpas por esta situación ós veciños, e tamén paciencia. O alcalde asegurou que as obras xa aprobadas pola consellería de Medio Ambiente que suporán un investimento de preto do millón de euros e que permitirán a construción dun novo depósito duplicando a súa capacidade con respecto á actual dando resposta definitiva a este problema que Noia vén padecendo dende hai anos.