Lores propón celebrar os plenos o antepenúltimo venres de mes

Pontevedra> A modificación da normativa plenaria do concello de Pontevedra segue enriba da mesa. O alcalde pontevedrés dixo esta mañá que probablemente se cambie a data do pleno para o antepenúltimo venres do mes. Lores lembrou que o Goberno Local continúa apostando pola limitación na presentación de propostas por parte dos partidos políticos. 

 

Parece que a modificación da normativa plenaria se resiste… Hai xa uns meses que veñen falando dela pero aínda non se deu o paso definitivo. O alcalde dixo esta mañá que probablemente se cambie o día do pleno ao antepenúltimo venres de mes. Lores dixo que considera necesario limitar as proposicións presentadas por cada partido a un máximo de dúas. 

Unha decisión que non aproban dende as filas populares ao considerar que se debe respectar a representación que cada partido ten no pleno. 

En relación á orde do día o PP levará dúas mocións, unha vencellada coa adaptación dos parques infantís e a outra coa instalación de desfirbiladores en espazos públicos e instalacións deportivas, o PSOE levarán unha moción para a adhesión de Pontevedra ás cidades pola Auga Pública, Ciudadanos levará unha na que pide que o Parque de Maquinarias se manteña activo en Pontevedra cidade ou na súa área de influencia e o Goberno Local presentará dúas. Unha relacionada coa emisión de música en galego por parte do ente público e a outra no dragado do río e da ría. En Marea non ten moi claro se poderá presentar a súa moción de cambio de nomes das rúas Javier Puig e Fernández Ladreda por motivos de permisos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/xunta_voceiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/xunta_voceiros.mp4{/flowplayer}