Esta mañá presentábase en Noia XXI Travesía a Nado dende Testal ó Freixo

NOIA> O obxectivo desta travesía solidaria a nado que une o porto de Testal e o Freixo non é outro que lograr a inclusión e a integración das persoas con algún tipo de diversidade funcional, sexa cal sexa, no deporte.

Non é tanto pois unha cita cun carácter competitivo, senón o que se busca é máis unha xornada de festa.

A actividade que organiza a Asociación Deportiva Adeco-Dea, en colaboración co Concello, terá lugar o 15 de agosto, a partir das cinco da tarde.

Nela agárdase unha participación dunhas cen persoas. Dende o Concello fan unha chamada a participar nesta cita que este ano chega xa a súa 21 edición.

As inscricións seguen abertas a través da web de emesports. A cota de inscrición é de dez euros.

As prazas estarán limitadas a un máximo de cen, debido a cuestións de seguridade para tódolos participantes. Un aspecto que dende a organización pretenden controlar ó máximo para que non se produza ningún tipo de incidente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí