Sen campaña de Nadal por falta de fondos

    BOIRO> A falta de fondos e a incerteza de contar coas subvencións autonómicas impide este ano á Federación de Empresarios do Barbanza levar a cabo a súa habitual campaña de Nadal para promover as compras nos comercios asociados.

     

     

    A Federación de Empresarios do Barbanza engloba a asociacións local, Padrón-Rois-Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Noia, Outes e Mazaricos. Cada ano por estas datas dáse a coñecer en qué consistirá a súa campaña de Nadal, destinada a promover as compras destas datas nos establecementos membros de cada entidade.Pero este ano, non vai ser así. A falta de fondos da Federación, faille imposible afrontar os gastos derivados da realización desta campaña. As últimas eleccións autonómicas, cuxo goberno resultante aínda vén de ser formado, fixo retrasar a liña de subvencións habitual que a concede a Xunta e que se empregan para este tipo de campañas. Aínda que a patronal comarcal xa efectuou as xestións necesarias, a día de hoxe a federación non ten a seguridade de poder contar con estas axudas que sufragarían en parte a campaña de Nadal que se fai cada ano a nivel comarcal. Así as cousas, a entidade veríase obrigada a pedir un préstamo e volver a endebedarse, algo ó que non está disposta. O habitual nesta época, viña sendo nos últimos anos a realización dun sorteo cunha gran cantidade de premios para aqueles clientes que fixeran as súas compras de Nadal nos comercios das distintas asociacións da comarca. Dada esta situación cada unha das asociacións de comerciantes municipais deberá acometer por separada a súa campaña de Nadal, algo esencial para a promoción do comercio nunhas datas nas que o impulso das vendas é primordial para subsistir o resto do ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/suspension_campana_nadal_feb_161120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/suspension_campana_nadal_feb_16112016.mp4{/flowplayer}