RIANXO> O executivo rianxeiro está a desenvolver o proceso de contratación de persoal laboral con cargo as axudas do PEL-Concellos da Deputación da Coruña. En total serán sete persoas que se encargarán de diferentes tarefas de mantemento a nivel municipal.
Rianxo está a desenvolver o proceso selectivo para a contratación dun total de sete persoas con cargo ó Programa de Integración Laboral subvencionado pola Deputación da Coruña, o denominado PEL-Concellos. A partida concedida ó concello rianxeiro ascende a uns cen mil euros.
Dende o Concello non descartan a posibilidade de contratar a máis persoas, con cargo a outros programas doutras Administracións, como poden ser o APROL Rural da Xunta.
Dende o Concello confían en que o proceso selectivo estea rematado no mes de abril. O contrato prolongarase ata finais de ano.