Tourís pide diálogo e Silva dí que non admite presións políticas

Pontevedra> Dende as filas populares continúan demandando unha reunión coa Presidenta da Deputación. Tourís cree que Carmela Silva debe exercer o seu posto e non pode faltarlle o respecto aos edís de 30 concellos da provincia de Pontevedra. Pola súa banda, Silva, deixou claro esta mañá que ela non admite presións políticas. 

 

Dende o PP da provincia de Pontevedra volveron a demandar esta mañá unha reunión coa Presidenta da Deputación. O secretario do partido na provincia dixo que Carmela Silva debe ser respetuosa cos 30 alcaldes dos concellos da provincia que solicitan unha entrevista con ela para falar sobre a xestión do Plan Concellos. 

Ante a esta petición Carmela Silva dixo esta maña que ela non admitía presións políticas. 

E preguntado Tourís sobre a declaración de escrache que realizaron dende o PSOE polo feito de que os 30 alcalde do PP estiveran onte no salón de plenos da Deputación de Pontevedra, o secretario do Partido dixo que non entende este calificativo. 

Ao que a presidenta da Deputación dixo que o de escrache é un calificativo que aprobou o Goberno de Mariano Rajoy coa Lei Mordaza que ela non comparte. 

A pelota continúa en xogo, porque todo parece indicar que esta reunión, de momento, non terá lugar. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/touris_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/touris.mp4{/flowplayer}