O Goberno da Deputación levará o día 25 a pleno os 152,4 millóns de euros do orzamento para o 2017

Pontevedra> 152,4 millóns de euros, ese é o orzamento que a Deputación de Pontevedra levará a pleno o vindeiro 25 de novembro. Unhas cifras que ascenden un 0.27 por cento en relación ao pasado ano. Carmela Silva dixo que o 85 por cento destes orzamentos destínanse os 4 grandes piares destas contas: o Plan Concellos 2017, o emprego, a igualdade e a cohesión social, xuventude, deportes, cultura e infraestructuras. 

 

152,4 millóns de euros é o orzamento para o 2017 que a Deputación levará ao pleno do vindeiro 25 de novembro. Trátase do 0,27 por cento máis que neste 2016. A presidenta dixo que con estas contas non haberá un reparto discrecional e que as regras de xogo serán públicas e claras para todos os concellos con independencia da súa cor política.  Uns orzamentos que a presidenta dividíu un catro grandes grupos. O primeiro o Plan concellos 2017, a onde irán destinados 41,2 millóns de euros,  1,2 millón de euros máis que no pasado ano. 

O segundo grupo é o emprego onde destinarán 13 millóns de euros na creación de emprego da provincia a través de diferentes liñas de traballo entre as que se atopa o turismo. O terceiro grupo é a igualdade onde ivestirán máis de un millóns de euros e o cuarto grupo engloba a cohesión social, cultura, deportes, xuventude e infraestructuras a onde irán a parar 5.5 millóns de euros. 

O  vicepresidente da Deputación de Pontevedra calificou estes orzamentos como continuísta xa que amosan unha vez máis o proxecto que defenden dende o Pazo Provincial. Mosquera dixo que o goberno da Deputación ten unha saúde de ferro e que está cumprindo co seu programa e as súas obrigas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/orzamentos_depu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/orzamentos_depu.mp4{/flowplayer}