Abal avoga por unha comisión organizadora das actividades da Cidade Europea do Viño

    CAMBADOS> José Ramón Abal tentará crear unha comisión organizadora para levar adiante o programa de actividades da Cidade Europea do Viño 2017. Deste xeito o edil de Enoturismo de Cambados pretende que o recente nomeamento da vila, teña un alcance nacional e internacional. 

     

    Un órgano consultivo, presidido polo edil de Enoturismo de Cambados e integrado por 14 membros que representarán a todos os grupos da corporación, Mancomunidade do Salnés, administracións públicas, sectores vitivinícolas e económicos da comarca e tamén os comerciantes e hostaleiros do municipio. Esta é a intención de José Ramón Abal para conseguir que o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño teña unha maior proxección tanto a nivel nacional, como internacional. 

    O concelleiro de Cambados Pode anunciou este mércores ante os medios de comunicación locais que levará a pleno do vindeiro 24 de novembro, para poder empezar a traballar. 

    Abal adiantou que tamén formará parte desta comisión un membro do Capítulo Serenísimo do Albariño, ao considerar, que o recoñecemento europeo do municipio é un éxito “colectivo”.

    O programa, integrado por unhas 80 actividades, aínda por concretar, comezará en xaneiro coa presenza en Fitur.  As actividades clasifícanse nos ámbitos cultural, deportivo e gastronómico.

    Tamén incluirá a asistencia a outras feiras turísticas internacionais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/programa_cidade_vino_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/16/programa_cidade_vino_cambados.mp4{/flowplayer}