CCOO acusa á Deputación de Pontevedra de represión sindical e precariedade laboral

PONTEVEDRA> Comisións Obreiras arrancou hoxe unha campaña contra o Goberno da Deputación de Pontevedra. O sindicato denunciou esta mañá a represión sindical e a precariedade que están a sufrir os traballadores da administración provincial. Neste sentido, o secretario da organización pediu a Carmela Silva que se sente a negociar.

Comisións Obreira puxo en marcha esta mañá unha campaña contra o Goberno da Deputación de Pontevedra. A orixe deste conflito está relacionada con dúas sentenzas que a institución provincial interpuxo contra el. Na primeira, a Deputación acusaba a Pepe Piñeiro de estar detrás dunha serie de pintadas que apareceron en Tomiño e en Moraña en relación co conflito do parque da maquinaria. A segunda está relacionada cun comunicado de prensa que este sindicato enviou denunciando a falta de medidas adoptadas no centro Príncipe Felipe durante a crise do coronavirus. Dúas sentenzas que demostran, segundo eles, a actitude represiva e ditatorial do goberno de Carmela Silva.

Represión sindical, desigualdade e precariedade laboral. Así define este sindicato a situación dos traballadores da Deputación.

Dende Comisións Obreiras tampouco entenden o camiño que está a tomar a Deputación en relación ao teletraballo e aseguran que, mentres outras administracións tratan de fomentar a conciliación laboral, a institución provincial decide facer todo o contrario.

A campaña que Comisións Obreiras puxo en marcha esta mañá consistirá na colocación de cinco pancartas e máis de 5.000 carteis coma estes en toda a provincia. Unha mobilización que, segundo o sindicato, se prolongará ata que Carmela Silva decida sentarse a dialogar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí