A construción do polémico velorio de Pobra no será paralizada

    POBRA> As obras de construción do polémico velorio da rúa Venecia da Pobra non serán paralizadas, tal e como solicitaba o recurso dos veciños da zona tras un informe negativo externo do arquitecto que no seu día elaborou o PXOM do concello. O alcalde, de Nós Pobra, asegurou esta mañá que desbotarán este recurso, xa que o informe interno confirma que a actuación é correcta.

     

     

    O alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro, comezou a comparecencia desta mañá admitindo que desde o concello chegaron a pensar en paralizar as obras de construción do velorio da rúa Venecia, logo do malestar veciñal e tralo recurso presentado pola plataforma, amparado nun informe externo. Neste documento, elaborado por un arquitecto que no seu día foi quen elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal actual, e sen vinculación ningunha hoxe en día co concello, inclúense varios puntos que segundo o informe incumpren as determinacións do PXOM actual. Finalmente, como explicou o alcalde, desde o goberno decidiron non paralizalas xa que o técnico municipal desbota este informe por varios motivos. No que atinxe ó contido mesmo deste informe exterior, Piñeiro desbotou tamén legalmente o puntos sobre os usos do edificio como a cuestión do aparcamento. O alcalde explicou en relación ás cuestións estéticas ás que fai referencia ó informe, arredor da altura do edificio, que a ordenanza fai referencia a unha altura máximo, non a unha única altura. Á espera dos informes que vai presentar tamén a empresa construtora para desbotar o recurso presentado polo veciños, e que se unirá o do concello, agárdase, previsiblemente, que o rexeitamento á paralización das obras se oficialice a próxima semana.