24N: Novo chamamento á folga contra as reválidas

    RIBEIRA> O estudantes volven ás rúas o próximo 24 de novembro para protestar contra as reválidas e a LOMCE. Desde o Sindicato de Estudantes do Barbanza agardan aumentar aínda máis o éxito da folga do pasado 26 de outubro, e destacan que ó contrario do que se quixo transmitir, as reválidas non foron eliminadas.

     

    Aulas vacías, e rúas cheas de estudantes. Foi a imaxe que se viviu en todo o país o pasado 26 de outubro, coa folga estudantil contra as reválidas de LOMCE. E é a imaxe que se quere repetir o vindeiro xoves día 24,que se converta noutra xornada histórica. Desde o Sindicato de Estudantes subliñan que as 3 reválidas que inclúe a LOMCE, en Primaria, Bacharelato e acceso á Universidade, non se conxelaron como se transmitiu, segundo afirman, nos medios de comunicación. Desde o Sindicato afirman que a única forma de eliminar as reválidas sería cun novo decreto que derrogue a LOMCE. Ademais, quixeron animar a toda a sociedade a que participen na folga do día 24. A concentración do 24 de novembro no Barbanza, partirá do IES Número 1 de Ribeira ás doce da mañá, rumbo ó concello.