Boiro pon en marcha o programa de coworking ‘Emprende Lab Barbanza’

BOIRO> A iniciativa, que é froito da colaboración do Concello, Deputación da Coruña e a Asociación Boirense de Empresarios, ten coma obxectivo dinamizar e apoiar o lanzamento e  o crecemento de proxectos empresariais da comarca.

O programa de Formación e Aceleración Emprende Lab Barbanza que se pon en marcha en Boiro da man do Concello, a Deputación da Coruña e a Asociación Boirense de Empresarios pretende fortalecer o actual ecosistema emprendedor da comarca, favorecendo o establecemento e permanencia no Espazo Municipal de Coworking existente no polígono de Espiñeira de novas empresas baseadas no talento, na innovación e no seu rápido crecemento.

A aceleradora Lab Barbanza poderá acoller na fase inicial a un máximo de vinte proxectos de carácter intersectorial, dos cales só dez pasarán á fase de aceleración.

As inscricións para o programa son totalmente gratuítas e as bases e toda a información xa están dispoñibles na páxina web www.labbarbanza.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí