Os establecementos de Pontevedra únense ao NON a violencia machista

Pontevedra> Os establecementos de Pontevedra comezaron hoxe coa campaña en negro contra a violencia. Unha iniciativa potenciada polo concello e onde comerciantes e hostaleiros se unen contra a violencia de xénero. 

 

Centos de establecementos de Pontevedra xa están de loito para visibilizar a súa negativa ante a violencia de xénero. Trátase da campaña Pontevedra en negro que lanzan dende o concello e onde comercios, cafeterías e bares amosarán a súa repulsa ante a violencia machista. 

Esta maña o alcalde e a concelleira de Igualdade estiveron na Rúa Rosalía de Castro onde puideron coñecer e ver de primeira man a implicación da cidade con esta causa. 

Lores amosou a súa repulsa ante estes comportamentos dos que dixo que non entende como en pleno século XXI existe unha violencia machista que destroza ás mulleres. 

Unha campaña que se enmarca dentro dos actos de cara ao 25 de novembro e que os establecementos de Pontevedra terá presente ata o día 28. Todo, co fin de deixar claro o NON AO MALTRATO, O NON A VIOLENCIA MACHISTA. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/pontevedra_negro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/18/pontevedra_negro.mp4{/flowplayer}