O estudo xeotécnico dá luz verde ao destape e renaturalización do río Gafos

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra abordará a renaturalización do río Gafos ao seu paso por Campolongo. O goberno local xa ten nas súas mans os resultados do estudo xeolóxico realizado no seu tramo soterrado. Segundo César Mosquera, as conclusións abren a posibilidade de facer unha intervención na zona ambiciosa, que irá máis aló do destape da cuberta existente.

O concello de Pontevedra abordará o destape do río Gafos ao seu paso por Campolongo. Os estudos xeolóxicos realizados no treito soterrado conclúen que a actuación é posible. A intervención que plantexa o goberno local é máis ambiciosa que só a retirada da cuberta.

Os planos contemplan a división dos 500 metros de treito en tres, en función do espazo existente para poder actuar sobre o río. En dous deles, recoméndase tratar unha ribeira con pouca pendente ou aterrazada, pensada para non crear problemas de desprazamento. No último, a zona dos colexios, por mor do espazo, crearíase unha escolleira revexetada. En todos os casos levantarse a soleira,a cuberta e parte do muro de contención. Calcúlase que poderían ser retiradas máis de 7.000 toneladas de recheo e cascallos.

O concello xa traballa na redacción das bases do proxecto para sacalo a licitación.

Segundo os cálculos de Mosquera, de cumprirse os tempos dos procesos de licitación e adxudicación as obras poderían estar en marcha en outubro deste mesmo ano. Recordemos que a actuación conta cunha subvención europea de 2,3 millóns de euros. Para non perdela, os traballos deben estar rematados antes do 31 de decembro de 2025.