O recuncho máis terrorífico deste Samaín de Viveiros o Piñeiro

Pontevedra> Dende Viveiros O Piñeiro xa teñen todo o listo para vivir o Samaín e o día de defuntos. Para o 1 de novembro, dende este espazo especializado en plantas, din que o crisantemo é a flor por excelencia, pero pese a isto, deixan claro que eles se adaptan ás necesidades e peticións que cada teña de cara ao día de defuntos. Dende Viveiros O Piñeiro xa teñen todo listo para celebrar un terrorífico Samaín. Co fin de recuperar unha festa que se estaba perdendo, dende este espazo, decoran varios recunchos co fin de atraer ao cliente para darlle ideas de decoración e tamén para desfrute da mesma. Ademais do Samaín dende Viveiros O Piñeiro tamén teñen todo listo para un dos días fortes para este sector, o día de defuntos. Dende este espazo promocionan a flor fresca e a flor natural. A principal demanda do cliente para esta xornada é flor cortada, e por excelencia o crisantemo. Pese a que o crisantemo é a flor máis demandada dende este espazo din que se adaptan ao presuposto e demanda de cada cliente. Se queren ultimar a súa preparación para o Samaín ou para o día de defuntos en Viveiros O Piñeiro teñen todo a que precisan, alí os agardan en horario de 10:00 14:00 e de 16:00 a 21:00.