RIBEIRA> España podería enfrontarse a unha sanción por parte da Unión Europea de 46’5 millóns de euros por esta situación. Bruselas vén de anunciar que levará a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprimentos reiterados en materia de recollida e tratamento de augas residuais nun total de dezasete puntos urbanos en todo o país, entre os que se atopa o propio concello de Ribeira. España enfrontaríase a unha multa duns 46’5 millóns de euros, ó existir unha sentenza anterior do propio Tribunal Europeo, do ano 2011, que a obrigaba a ter solucionado este grave problema. Segundo a propia Comisión pasaron máis de seis anos e a situación segue a ser a mesma poñendo en serio risco non só ós veciños destas zonas afectadas senón tamén ás augas interiores e ó entorno mariño.
Inicio Barbanza - Muros - Noia