VILAGARCÍA> O 25 de este mes, ou o que é o mesmo, este venres os comercios de O Salnés sumaranse aos descontos do “black friday”. Unha xornada de des contos, que ano tras ano, estase a consolidar no sector, e que é a antesala das compras do Nadal.
O venres negro, ou para os que o prefiran o “black friday”, chega ao vindeiro venres, para encher as rúas das vilas de O Salnés de compradores de todo tipo de produtos, que o que buscan é a oportunidade de mercar a prezos máis baixos. Este martes achegámonos ata Vilagarcía, onde a presidenta de Zona Aberta nos explicou como se vivirá na vila.
Zona Aberta está publicitando a xornada nas redes sociais. Rocío Louzán afirmou esta mañá que os establecementos da cidade ofreceran diferentes descontos aos seus clientes.
O que está claro é que esta iniciativa de descontos que naceu no Estados Unidos, e que se espalla por todo o mundo estase a converter na época de descontos máis importante de descontos xunto coa época de rebaixas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/black_friday_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/black_friday_villa.mp4{/flowplayer}