CAMBADOS> Cambados quece motores para a segunda edición do seu Desfile de Outono. O domingo, 18 tendas da asociación Cambados Zona Centro levarán as súas mellores galas ata o Salón José Peña. Alí 50 modelos presentarán ao público as propostas. Unha promoción orixinal de cara a campaña de Nadal.
Cambados Zona Centro repite desfile de moda. O éxito do ano pasado desta pasarela de outono animounos a organizar unha segunda edición desta experiencia, que permite aos comerciantes achegar as súas propostas ao público.
Para os establecementos tamén é un xeito de promocionar os seus produtos de cara a campaña de Nadal.
Na pasarela do Salón José Peña participarán 18 asociados, coas últimas tendencias en moda infantil, de home e muller, deportiva, calzado, lencería, complementos e perruquería. Todo lucido por cincuenta modelos non profesionais.
A cita será este domingo no Salón José Peña a partires das 6 da tarde.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/desfile_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/desfile_cambados.mp4{/flowplayer}