A candidatura de Manuel Costa impugna as eleccións da confraría

    confraria_cambados100_080109.jpgCAMBADOS > A Consellería de Pesca dispón de cinco días para resolver a única reclamación presentada …

    … no proceso electoral da confraría de Cambados.

    A candidatura a patrón maior que encabezaban Manuel Costa e Ramón Martínez impugnou os resultados e considera oportuno repetir as eleccións celebradas o día 27. O resultado, a falta da resolución de Pesca, deixa ó patrón Maior en funcións Benito González Sineiro con 15 dos 24 membros da Xunta directiva, polo que conta con apoios suficientes para seguir á fronte desta confraría.

    A candidatura de Manuel Costa e Ramón Martínez conseguiu os outros nove. Na súa reclamación critican que o día das eleccións, en lugar de catro urnas, unha por cada sector, houbese só dúas, unha para armadores tanto de baixura como de marisqueo a flote, e outra para tripulantes e mariscadoras. Tampouco están de acordo co reconto de votos nin coas papeletas anuladas.

    Pola súa banda, Benito González e a súa candidatura lembran que os interventores dos seus adversarios non se queixaron o día das eleccións e asinaron as actas de acordo co resultado. Ademais recórdanlle que tal como esixen as normativas da Consellería só existen dúas agrupacións, empresarios e traballadores, de aí que houbese dúas urnas.

    Redacción Salnés