VILAGARCIA> Vilagarcía homenaxeará a Carlos Álvarez Puga. Dende o concello queren recoñecer a súa intensa dedicación a vida cultural e social da vila. A presentación da homenaxe tivo lugar nun acto sorpresa celebrado na casa consistorial de Vilagarcía. Carlos Puga mostrouse contento e emocionado.
Así de sorprendido quedou Carlos Álvarez Puga ao decatarse que o acto ao que asistía no concello non era á presentación do outono micolóxico, se non á presentación da súa homenaxe. Nunha tarefa conxunta entre os amigos e o concello, conseguiron manter a sóprese deixando a Carlos agradecido e emocionado.
Dende a vila queren celebrar os 80 anos de Carlos homenaxeándoo pola súa dedicación á vida cultura e social de Vilagarcía.
A concelleira de cultura destacou todas as asociacións e actos nos que participou Carlos Puga
No acto sorpresa, Carlos tamén quixo agradecer o traballo realizado por toda a xente que colabora con el, advertindo que moitas das actividades realizadas non serían posibles sen o traballo en equipo. O acto de homenaxe terá lugar o sábado 24 no auditorio a partir das 21:00 horas. Ademais da participación das asociacións nas que colabora Carlos, o evento, segundo anunciou o concello, estará cheo de sorpresas.