Juan Manuel Rey critica o uso político da causa aberta contra el por malversación

CALDAS> Pequena vitoria para o alcalde de Caldas. A Audiencia Provincial de Pontevedra ven de anular a apertura de xuízo oral contra Juan Manuel Rey por malversación de fondos; unha decisión que obriga ao xulgado de Caldas a dictar unha nova resolución. Para o rexedor socialista, esta é unha mostra máis da súa inocencia.

 

A causa contra o alcalde caldense por malversación de fondos públicos volve ao Xulgado de Caldas. O tribunal terá que ditar unha nova resolución, e decidir se arquiva ou reabre a causa despois de que a Audiencia Provincial de Pontevedra anulara a apertura de xuízo oral contra Juan Manuel Rey. Para o rexedor, esta decisión é unha pequena vitoria.

Rey sempre defendeu a súa inocencia neste proceso, que comezou no 2010 despois de que pagara con cargo ao concello unha multa urbanística por demorar a demolición dun edificio na rúa Real. 

O alcalde socialista censurou o uso político que outras forzas fixeron desta causa en campaña. Está convencido de que os resultados nos comicios poderían ter sido mellores de non existir esta denuncia que, asegura, perxudicou a súa traxectoria política.

Tamén no eido político, Rey recorda a polémica que se abriu cando decidiu manterse no Partido Socialista, acusándoo de romper o código ético da formación.

O rexedor tamén quixo agradecer o comportamento dos veciños, e destacou o respecto que sempre lle amosaron.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/situacion_alcalde_caldas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/situacion_alcalde_caldas.mp4{/flowplayer}