Presentada a décimo segunda edición da carreira popular ‘Mar de Boiro’

    BOIRO> Na proba, que terá lugar o domingo 4 de decembro, xa hai inscritos máis de douscentos corredores. O concello de Boiro acollía esta mañá a presentación da duodécima edición da carreira popular ‘Mar de Boiro. 10º Memorial Pepe Buceta’. A carreira, que forma parte do primeiro circuíto de carreiras populares Arousa Norte e tamén do circuíto provincial que promove a Deputación da Coruña terá lugar o domingo catro de decembro, adiantándose a súa data habitual de celebración. Sen dúbida un dos principais atractivos da carreira será o seu percorrido. Dende o concello destacaron tamén a importancia da proba, que xa se converteu nun clásico no calendario deportivo galego. Dende a organización agardan superar a cifra de participantes da edición anterior na que se rexistraron uns 1100 corredores sumando tódalas categorías. Para máis información ou inscricións os interesados poden consultar a páxina web: www.emesports.es ou ben acudir ás propias oficinas do departamento de Deportes na Cachada. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 1 de decembro.