O sorteo de Nadal deixa un décimo premiado co Gordo en Noia

NOIA> A comarca do Barbanza resultou tamén afortunada cunha pequena parte do Gordo de Nadal. O punto de venda de María José Petisco, en Noia,  repartiu un décimo do número 05490 premiado con 400 mil euros.

O sorteo de Nadal deixou un bo petisco en Noia. E nunca mellor dito porque foi o punto de venda de María José Petisco, situado na céntrica rua Montero Ríos, o que venden un décimo do número 05490, agraciado con Gordo. Así nolo contaba a propietaria do establecemento.

Non e a primeira vez que reparte sorte en Nadal pero ata o de agora nunca vendera o Gordo. Non hai mais que ver a infinidade de carteis que colgan das súas paredes para decatarse de que está tocada pola fortuna.  Polo momento, non ten idea de quen pode ser agraciado. Tan só desexa que lle toque a quen o necesita e que este premio sexa un aliciente mais para revitalizar as vendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí