Dimite a presidenta das mariscadoras de Rianxo, tras unha semana no cargo

    dimisionptamariscadoras_100_120308.jpgRIANXO > Unha semana despois de tomar posesión do seu cargo, a presidenta da agrupación de mariscadoras a pé de Rianxo presentou a súa dimisión.

    {flowplayer}barbanza/dimisionptamariscadoras.flv{/flowplayer}

    Os principais motivos que a levaron a tomar esta decisión non eran outros que a falta de apoio amosado polo colectivo a varias das súas propostas, entre elas o cambio na forma de traballar.

    A última asemblea xeral da agrupación celebrada o martes pola tarde, á que acudiron 122 mariscadoras, veu a deixar patente o conflito existente dende hai tempo no seo desta agrupación, con dous bandos claramente enfrontados.

    Conflito interno

    O sector crítico á xestión do actual patrón maior, Baltasar Rodríguez Alcalde e á anterior presidenta da agrupación, Concha Alcalde, que decidiu renunciar ó cargo o pasado mes de decembro, encabezado por Arantxa Abuín considera que hai numerosos exemplos de moitas mariscadoras que a pesar de non baixar á praia a traballar entran no reparto do marisco. Segundo elas cada mariscadora debería cobrar polo que traballa e polas capturas que fai, todo o contrario do que acontece actualmente

    Ante a falla de respaldo, Arantxa Abuín, decidiu presentar a súa renuncia ó cargo. A xa expresidenta da agrupación de mariscadoras a pé solicita a intervención neste conflito da Consellería de Pesca.

    O posto de presidenta do colectivo será ocupado agora por Vicenta Reboiras, a seguinte persoa máis votada durante os pasados comicios e que viña desempeñando o cargo de Vicepresidenta.

    Redacción Barbanza