![]()
POBRA > O BNG da Pobra vén de denunciar o estado de abandono en que se atopa a finca de Raquel Soler, situada na rúa Lapido.
O grupo municipal do BNG da Pobra vén de presentar unha iniciativa facéndose eco das queixas dos veciños da rúa Lapido, ante o seu mal estado de conservación.
A principal denuncia refírese á finca de Raquel Soler, de titularidade municipal, que segundo os nacionalistas leva anos convertida nunha ‘escombreira’, sen que o goberno municipal faga nada por acondicionala, tal e como teñen solicitado sistematicamente os edís do BNG.
Por outra banda, os nacionalistas súmanse ás queixas realizadas hai uns días por un xardiñeiro municipal sobre o abandono das prantas depositadas nesta finca por un valor superior ós doce mil euros e que, na actualidade, atópanse case todas mortas pola falla de coidados. Para os nacionalistas, este é un claro exemplo de desidia e despilfarro por parte do goberno municipal.
Colaboración
Pola contra, dende o concello sosteñen que as prantas xa foron reubicadas en varias zonas, grazas ó traballo dos responsables municipais. Así mesmo, reprochan ó funcionario que denunciou esta situación o feito de ter acudido ós medios de comunicación, en lugar de colaborar co concello informando do estado das prantas.
Neste sentido, o alcalde, Isaac Maceiras, felicitou ó equipo de xardiñeiros polo bo traballo realizado na reprantación. O rexedro local informou que a finca de Raquel Soler, a pesar de ser edificable, será destinda a un parque público para desfrute de tódolos veciños.
Redacción Barbanza









