NOIA> Primeiro a patadas e posteriormente a puñazos. O vídeo no que aparece este mozo esnaquizando a un dos bonecos da decoración de Nadal foi subido a redes e en poucas horas xa o visionaran miles de persoas.
Grazas a el a Policía Local puido identificalo. Ó parecer trátase dun veciño de Vigo, que agora deberá pagar polo cometido.
Dende o Concello non saen do asombro, sinalando que non é a primeira vez que se producen este ano este tipo de incidentes co mobiliario da decoración de Nadal instalado no casco histórico da vila.
Neste caso puido darse co seu autor. Dende o executivo xa anunciaron que presentarán contra el a correspondente denuncia para que se faga cargo dos gastos causados.