Rianxo en Común insiste na necesidade de dotar á localidade cun centro de día

    RIANXO> A formación nacionalista vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas e levará ó Parlamento a súa reclamación a través do grupo En Marea, para que sexa incluída nos orzamentos da Xunta do ano que vén. É unha vella reivindicación dos veciños de Rianxo, que dende hai máis de dez anos, reclaman a construción dun centro de día na localidade. Unha solicitude que dende a súa chegada ó goberno local, vén demandando tamén Rianxo en Común. Dende Rianxo en Común iniciouse tamén unha campaña de recollida de sinaturas para tratar de recadar máis apoios de cara a construcción do centro de día para maiores na localidade. A súa solicitude será levada tamén ó parlamento a través dunha proposición non de lei que presentará o grupo En Marea para que sexa incluída nos orzamentos da Xunta do ano que vén.