RIBERIA> Comisións Obreiras está levando a cabo unha campaña para denunciar a precariedade da contratación temporal dos empregados públicos. Esta mañá celebrou en Ribeira unha asemblea informativa, na que animou ós empregados públicos interinos e temporais a reclamar a súa situación, e afirman que están avalados por sentenzas do Tribunal Europeo.
A temporalidade do emprego público en España está cuestionada polos tribunais europeos. Así o demostran varias sentenzas europeas recentes, que segundo Comisións Obreiras afirman que veñen a ratificar o que o sindicato leva denunciando desde hai anos: que o emprego temporal non se pode usar para postos de traballo estruturais e permanentes, nin non sector público non no privado. Así llo explicaron ós máis de 50 asistentes á Asemblea informativa que tivo lugar na sede do sindicato en Ribeira. Esta é unha campaña que se está a levar a cabo a nivel estatal, e na que animan ós traballadores a denunciar nos tribunais. O responsable de Comisións Obreiras no Barbanza asegurou que o sindicato está a disposición dos traballadores para facer calquera reclamación. Desde Comisións Obreiras agardan que finalmente un cambio lexislativo resolva esta cuestión.