A chuvia non afogou a loita dos estudantes do Barbanza

    RIBEIRA> Aquí no Barbanza hoxe foi tamén un día de loita contra as reválidas da LOMCE e contra a chuvia. A folga estudantil foi secundada protestas en Boiro e Ribeira. Desde o Sindicato de estudantes do Barbanza celebran que a pesar da auga os alumnos decidisen perder un día de clara, para tentar gañar un futuro.  

      

    Era o obxectivo da manifestación que saía ás doce da mañá do IES Número 1 de Ribeira, loitar polo que os estudantes concentrados consideran un futuro digno. Pero o tempo no acompañou, e a incesante chuvia fixo que o número de asistentes fose sensiblemente menor á da folga anterior, o pasado 26 de outubro. Pero a chuvia non impediu que os estudantes de secundaria e Bacharelato, acompañados por membros de agrupacións políticas como Galiza Nova Barbanza, chegasen andando desde o instituto ata o concello ribeirense. Alí desde o Sindicato leron un comunicado esixindo derrogación da LOMCE e a eliminación total das reválidas. Poucos estudantes tamén na concentración de Boiro, onde a mediodía se concentraron fronte ó concello alumnos de secundarias e Bacharelato na defensa dun ensino público e de calidade. Aínda que a chuvia empanou as concentración, non afogou as conciencias, e o que sí tivo máis éxito foron as ausencias nas aulas, practicamente ó cen por cen nestes institutos. Unha loita que os estudantes aseguran continuar, de ratificarse o próximo luns na Conferencia Sectorial de Educación o novo decreto lei que modifica as reválidas, e que consideran insuficiente.