RIBEIRA> O condutor dun camión de reparto falecía este mediodía atropelado polo seu propio vehículo. Os suceso producíase ó redor das dúas da tarde no lugar de Frións, na parroquia ribeirense de Carreira, nun vial secundario á estrada provincial DP-7301, que comunica Xarás co cruce do Vilar. Por causas polo de agora descoñecidas o condutor do camión dedicado a labores de reparto de mercadorías con iniciais F.J.P.A., de 54 anos e veciño de Boiro, resultaba atrapado polo seu propio vehículo, que circulou só durante varios metros para acabar colidindo lateralmente contra un peche de bloques. a vítima falecía no acto. Ata o lugar do sinistro achegáronse numerosos efectivos de emerxencias, entre eles os bombeiros do parque de Ribeira e tamén o grupo municipal de intervención, que se encargaron da retirada do camión e proceder posteriormente á retirada do corpo, unha vez autorizado o seu levantamento. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil de Tráfico e atestados, así como tamémn policía Local e unha ambulancia do 061.
Inicio Barbanza - Muros - Noia