O concello de Ribeira rehabilitará o edificio da UAD

 

RIBEIRA> A Unidade de asistencia a drogodepencias de Ribeira permanecerá na súa actual sede, no edificio anexo ó Centro Integrado de Coroso e á escola Náutico pesqueira. O concello asumiu a titularidade do mesmo, en réxime de cesión indefinida. Ademais de manter as dúas plantas para o servizo da UAD habilitará un terceiro andar para aulas de formación homologada, sala de usos múltiples e local de asociacións que carezan dunha sede. Para acometer a súa rehabilitación, o concello solicitou á Xunta de Galicia un crédito a interese cero durante oito anos de catrocentos cincuenta mil euros.