Plademar demanda no Parlamento Europeo que se investiguen as irregularidades da Mina de San Finx

MUROS-NOIA> O Secretario de Plademar Muros Noia defendeu no Parlamento Europeo unha petición para que se investiguen as irregularidades da Mina de San Finx. Denuncian a ausencia dos trámites de impacto ambiental e exposición pública da explotación mineira. José Manuel Romarís, secretario de Plademar Muros Noia, defendeu ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo unha solicitude da asociación Petón do Lobo para que se investiguen as irregularidades cometidas pola mina de San Finx. Ademais da ausencia dos trámites de impacto ambiental e exposición pública, a entidade denunha o abandonos das presas colmatadas de locos contaminados con metáis pesado, sen que a empresa responsbale da expotación minería nin as administración tomen medidas. Despopis de que a maioría dos grupos argumentaran a favor da eptición, a excepción dos populares,  acordaron poñerse en contacto coas autoridades galegas para trasladar a inquietude do Parlamento Europeo e requirir información.