Fernández: ‘Pontevedra é unha das provincias máis seguras de España’

    seguridade_cidada_copia100.jpgPONTEVEDRA> O subdelegado do Goberno presentou o balance de seguridade cidadá de 2009. Delfín Fernández afirmou que a crise económica non aumentou a criminalidade.

    {flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_CIDADA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O subdelegado do Goberno presentou esta mañá o balance de seguridade cidadá da provincia no 2009. Delfín Fernández afirmou que a crise económica non produciu un aumento da criminalidade.

    Segundo os datos extraídos polo Ministerio do Interior, o número de delitos e faltas continúa coa tendencia á baixa que comezou fai 4 anos. Un dato esperanzador, xa que a poboación aumentou, entre 2003 e 2009, máis de un 3% e tamén introducíronse novos delitos no código penal. Do mesmo xeito, o balance de criminalidade, recolle que mellorou significativamente a eficacia policial.

    Inmersos xa nas tipoloxías delictivas, os datos sinalan un aumento na criminalidade contra a vida. Isto descríbese pola entrada en vigor no 2004 da lei contra a violencia de xénero e no 2007 as penas por inseguridade viaria.

    Delfín Fernández afirmou que en ningún caso, a crise económica non produciu un aumento da criminalidade. De feito, destaca o descenso dos delitos de furtos. Por outra parte, o subdelegado do goberno destacou o crecemento das plantillas das forzas e corpos de seguridade.

    Fernández, afirmou que a semana que ven poranse en marcha, en 12 concellos, uns protocolos de actuación que van permitir o acceso da Policía local, á base de datos de violencia de xénero.

    Redacción Salnés