O Celta B levouse o derbi ante o Boiro

    BOIRO> Os celestes foron moi superiores ó seu rival, levándose con todo merecemento os tres puntos de Barraña por un claro un a catro. O Celta B foi un vendaval para o Club Deportivo Boiro, levándose o choque por un claro un a catro. Os vigueses, que sumaron onte domingo en Barraña o seu terceiro trunfo consecutivo, apenas tiveron rival. Os de Fredi non realizaron un bo partido, véndose superados en tódalas liñas. Ó cuarto de hora do inicio do partido, chegaba o primeiro tanto dos celestes, obra de BorjaIglesias. O segundo tampouco se fixo agardar. Corría o minuto 31 e o marroquí Hicham volvía a perforar a meta defendida por Pato Guillén. Co resultado de cero goles a dous chegaríase ó descanso. Neste tempo apenas ocasións para o Boiro. E nada máis iniciarse a segunda metade, novo xarro de auga fría para o Boiro, que vía como facía o terceiro. Nesta ocasión foi Juan Fernández o autor do tanto. O cuarto tanto do Celta B chegaría no minuto 65. De novo obra do dianteiro BorjaIglesias, que onte en Barraña demostrou estar a un nivel superior na categoría. Co cero a catro no marcador e a falta de 25 minutos para o final o filial celtiña dedicouse a xestionar a ampla renda, momennto que aproveitou o Boiro para maquillar un pouco o resultado, grazas ó tanto de Romay. A derrota mete ós boirenses de novo en postos de perigo. Son décimosextos con dezaseis puntos. en canto ó resto de resultados dos equipos galegos nesta categoría destacar o empate do Coruxo e o Pontevedra, dous a dous, e a vitoria do racing de ferrol ante o Somozas, por cero goles a dous.