A Xunta interésase polas condicións sanitarias das instalacións rianxeiras

    delgada_100_130706.jpgRIANXO > A Delegada Provincial de Sanidade, María Ausencia Tomé,  visitou o concello de Rianxo co obxectivo de coñecer sobre o terreo o estado actual das obras de construcción do novo centro de saúde. Ademais aproveitou a ocasión para comprobar as condicións sanitarias de instalacións da localidade como a depuradora ou a lonxa.

    A Delegada Provincial de Sanidade, María Ausencia Tomé, foi recibida polo alcalde de Rianxo no salón de plenos da casa consistorial para a continuación, tal e como explicou Pedro Piñeiro, visitar algúns puntos da vila relacionados coa súa delegación e así poder transmitirlle á Conselleira de Sanidade a situación en Rianxo.

    A primeira visita realizouse á depuradora da localidade, onde a responsable das instalacións se encargou de explicarlle o procedemento de tratamento das augas así como de transmitirlle as principais necesidades da depuradora como é o incremento do tamaño das tuberías. Logo desprazáronse ata a lonxa e a continuación visitaron as obras de renovación da praza de abastos rianxeira, unhas instalacións que cumpren coa normativa de sanidade e ás que só lle quedan uns pequenos retoques para que poidan entrar en funcionamento.

    Para remata-lo percorrido a Delegada Provincial de Sanidade visitou o actual centro de saúde para logo achegarse ata as novas instalacións que van a albergar este sevizo. Un edificio de máis de 1.800 metros cadrados que contará coas máis modernas tecnoloxías e medios materiais e que disporá dos suficientes recursos humanos para garantir un servizo público de calidade.delegada_200_130706.jpg

    O edificio do centro de saude albergará as consultas de diferentes especialidades como son a enfermería, a pedriatría, medicina xeral, odontoloxía ou educación sanitaria, entre outras, aínda que tamén se reservará unha parte da superficie para a zona de urxencias. Sobre o remate das obras, María Ausencia Tomé comentou que está previsto que os traballos se rematen o próximo mes de setembro de tal xeito que o centro poida comezar a funcionar a finais ou principios de ano.

    Redacción Babrbanza