A Pobra recupera a tradición de camiñar xuntos ca a escola

A POBRA> Os centros escolares da Pobra contarán con camiños seguros. Esta iniciativa comezarase a aplicar tralas vacacións de Semana Santa entre os estudantes do Salustiano Rey Eiras e do IES da Pobra coa intención de estendela a outros centros de cara ó vindeiro curso.

Fomentar a mobilidade a pé e recuperar a tradición de camiñar xuntos cara a escola. Este é o obxectivo que persegue o programa Camiños Escolares Seguros que porá en marcha o concello da Pobra en colaboración con dous centros educativos do municipio.

Ademais dos voluntarios que acompañarán ós estudantes, a iniciativa conta coa colaboración do tecido comercial da zona que ofrecerán apoio en caso de que algún dos alumnos se atope indisposto.

O programa botará a andar tralas vacacións da Semana Santa. Ademais das charlas informativas que se impartirán nos centros, repartiranse chuvasqueiros entre os alumnos como sinal distintivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí