RIBEIRA> Esta mañá botaba a andar a primeira das xornadas organizadas polo Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa. A Praia de Coroso en Ribeira foi o lugar escollido para o inicio desta actividade de dinamización promovida polo GALP Ría de Arousa que pretende difundir e dinamizar a súa estratexia en todo o territorio de Arousa Norte, a través de actuacións que promoven e fomentan a protección e a conservación do medio natural. Neste caso a xornada consistiu nunha limpeza do areal a cargo duns corenta alumnos de sexto de primaria do colexio O Grupo. Os rapaces colaboraron na retirada de todo tipo de refugallo existente napraia. Coa actividade o que se busca é promover a conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras. Ademais de Ribeira as actividades desenvolveranse tamén nos próximos días na Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Catoira.
Inicio Barbanza - Muros - Noia