‘Os Sabores da Ría’ atrae ós mellores padais

    POBRA> A chuvia non impediu que a inauguración de ‘Sabores da Ría’ fose todo un éxito.

    A praza pobrense Alcalde Segundo Durán acollerá ata o próximo domingo a segunda edición de Sabores da Ría, unha cita gastronómica que a xulgar pola asistencia do día da súa inauguración terá uns resultados amplamente satisfactorios. Os protagonistas, nesta carpa de 1.500 metros cadrados, serán os produtos galegos da nosa ría, elaborados por expertos cociñeiros. Entre os seus oito postos, destaca unha pulpeira do Carballiño, que cociñará o tradicional polbo á feira. ademais haberá un posto especializado en arroces, mariñeiros ou con lumbrigante e outro en croquetería, que ofrecerá unha ampla oferta de croquetas, sempre con produtos do mar. Na parte de freiduría haberá peixiños fritos e tempuras e no de mariscos, poderemos gozar das reliquias do mar cociñadas ó vapor, á prancha ou ben crús. o cefalópodo como máis nos gusta a todos, á feira. Empanadas, ensaladas e postres pechan a oferta gastronómica desta festa pobrense. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, incidiu na importancia de promocionar os nosos produtos. Para amenizar a velada de onte, houbo monólogos e música. Os pequenos das casas gozaron dunha ludoteca, na que puideron expresar a súa creatividade con manualidades relacionadas con entorno mariño.