Persoal de Elnosa denuncian a aplicación da ‘Lei Mordaza’ por parte do concello

PONTEVEDRA> Os traballadores de Elnosa pronúncianse despois de que a semana pasada se abrira a porta á continuidade da empresa. Para a plantilla, o concello de Pontevedra segue a ser o principal escollo nas opcións de renovación da concesión; un proceso que, aseguran, está completamente regrado. Denuncian ademais a aplicación da Lei Mordaza a dous traballadores por parte do goberno local.

Despois de que Elnosa se comprometera a facer o cambio tecnolóxico e de que a Xunta asegurara que non porá trabas se cumpren coa legalidade, os traballadores ven no concello de Pontevedra o único escollo para a súa continuidade máis aló de 2017.

Para o persoal de Elnosa, o concello dilapida recursos público en batallas contra a empresa que finalmente perde. Denuncian, ademais, a aplicación da Lei Mordaza contra dous dos traballadores, despois da protesta que realizaron antes dun mitin do BNG en Pontevedra.

Ante o temor de que o concello poña trabas ás licenzas de obra que pedirá a empresa para facer o cambio da tecnoloxía de mercurio pola de membrana, os traballadores retomarán as mobilizacións. A primeira medida será unha concentración o día 9 diante do concello.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/ccoo_elnosa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/ccoo_elnosa.mp4{/flowplayer}