Aumentan as vítimas de tráfico na provincia

PONTEVEDRA> No que vai de ano, 22 persoas perderon a vida en accidentes de tráfico na provincia de Pontevedra. Así o confirmou esta mañá a subdelegada do Goberno. O fixo na celebración do Día Mundial de Recordo das Vítimas de Tráfico e os seus Familiares. Unha concentración na que tamén estiveron presentes a delegada provincial da DGT, o comandante da agrupación de tráfico da Garda Civil e a comisaria provincial.

A subdelegada do Goberno,  xunto a outras autoridades da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, concentrouse esta mañá en Pontevedra para celebrar o Día Mundial de Recordo das Vítimas de Tráfico e os seus Familiares. Tras gardar un minuto de silencio, Maica Larriba fixo un repaso de todos os datos rexistrados na provincia en relación aos accidentes mortais.

A subdelegada do Goberno recordou tamén os obxectivos marcados na Axenda 2030. A meta: reducir á metade, nun prazo de 11 anos, o número de defuncións e de lesións por accidentes de tráfico en todo o mundo.

O consumo de alcohol, o exceso de velocidade e as distraccións ao volante seguen a ser as principais causas dos accidentes de tráfico na nosa provincia.

Maica Larriba insistiu no traballo que se está a facer dende a dirección xeral de Tráfico e dende as Xefaturas Provinciais co obxectivo de previr e evitar este tipo de accidentes.