O CCU Zona Monumental sortea máis de 1.000 euros en vales coa campaña de Nadal

PONTEVEDRA> O Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra levou hoxe a cabo o sorteo da campaña de Nadal. O colectivo repartirá en total 500 bolsas reutilizables, 500 kit anticovid e máis de 1.000 euros en vales.

Con este sorteo, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental poñía hoxe fin a campaña de Nadal. Unha iniciativa levada a cabo dende o 15 de decembro ata o 5 de xaneiro e que supuxo todo un éxito para este colectivo.

Estes son algúns dos agasallos que o colectivo pontevedrés está a repartir entre a veciñanza. Ademais, o Centro Comercial Zona Monumental sorteou este ano máis de 1.000 euros en vales.

Tras o éxito da campaña de Nadal, os comercios da Zona Monumental de Pontevedra esperan que as rebaixas deixen tamén un bo sabor de boca na cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí