PONTEVEDRA> Outra das mulleres que serán premiadas esta fin de semana é Victoria Arosa. Esta empresaria de éxito e estilista innovadora abriunos hoxe as portas da súa perruquería.
Centos de persoas pasaron polas súas mans, porque ela é un referente na nosa cidade. Victoria Arosa soñaba, dende nena, con ser perruqueira. Un sono que se cumpriu tras moitos anos de traballo.
A súa vocación a levou a coller as tesoiras e o peite dende moi pequena. Con tan só 14 anos comezou a compaxinar os seus estudos co traballo. Iso si, nin ela mesma esperaba chegar a ser o que é hoxe, unha empresaria de éxito.
Victoria conseguiu abrir a súa primeira perruquería no ano 1977 e dende entón foi coñecida polas longas colas que se formaban con centos de clientas que desexaban que ela as peitease.
E a pesares de ter esta gran traxectoria profesional, nin ela mesma esperaba recibir este premio de Amigos de Pontevedra.
Este sábado Victoria terá que deixar as tesoiras e os rolos na perruquería para converterse nunha das grandes protagonistas dos premios Amigos de Pontevedra. Porque tras moitos anos facendo felices as súas clientas, agora será ela a que reciba, entre aplausos, este recoñecemento.