Segundo roubo en menos dun mes no Centro Sociocultural de Vilaxoán

    VILAGARCIA> As instalacións do Centro Sociocultural e o Club de Remo de Vilaxoán sufriron por segunda vez en menos dun mes dous roubos. Nesta ocasión os danos causados non están tarifados aínda que dende a asociación de veciños de Vilaxoán sinalan que facilmente poderían ascender a algo máis de 8000 euros en total. 

     

    Este é o Centro Sociocultural de Vilaxoán. No seu extremo está instalado o Club de Remo. O mesmo no que os ladróns entraron a pasada madrugada e revolveron todo o que atoparon ao seu paso. Ademais os ladróns

    Forzaron unha ventá e unha vez dentro, os ladróns reventaron a porta da cafetería que da porta de atrás da instalacións. Unha vez aberta roubaron todo aquilo que estaba o seu alcance. 

    O roubo foi denunciado a Policía Científica que tomou mostras do lugar dos feitos, a fin de atopar un sospeitoso ou sospeitosos dos feitos.Tanto a entidade deportiva como a Asociación de Veciños de Vilaxoán plantexarán ao Concello de Vilagarcía a necesidade de reforzar a seguridade do lugar, para evitar novos sobresaltos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/roubo_centro_vilaxoan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/roubo_centro_vilaxoan.mp4{/flowplayer}