LOUSAEM> O PSOE de Lousame pide que mentres se cumpra coa lei, desde o concello se facilite a implantación de empresas que xeren novos postos de traballo no municipio. O voceiro socialista fixo estas declaracións trala petición de BNG e Terras de Lousame dun pleno extraordinario para tratar o tema dos vertidos nas Minas de San Finx.
O partido Socialista de Lousame considera que o municipio necesita crear emprego, sobre todo tamén daqueles que non sexan do sector primario, e por iso afirman que apoiarán a implantación de toda empresa no concello, sempre que esta cumpra coa legalidade. Desde o PSOE critican que haxa grupos políticos da oposición que levanten ruído contra a empresa xestora das Minas de San Finx, argumentando sobre os efectos da posible contaminación das augas que se consumen no veciño concello de Noia. Algo que consideran, non é así. A agrupación socialista afirma que non está a favor de contaminación medioambiental, e si do cumprimento da legalidade en tódolos aspectos, así como reafirmo o seu apoio ás empresas que se creen no concello lousamián
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/psoe_lousame_explotacoin_mineira_sanfinx_291120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/29/psoe_lousame_explotacoin_mineira_sanfinx_29112016.mp4{/flowplayer}