Primeira visita á comarca do novo Delegado Territorial

    LOUSAME> A Xunta concede unha axuda de 114.000 euros ós concellos do Barbanza para financiar o servizo de atención temperá a menores con necesidades especiais. Foi o anuncio que fixo esta mañá o flamante delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, durante unha visita a Lousame.

     

     

    Ovidio Rodeiro, que vén de ser nomeado delegado territorial na Coruña, anunciou que esta concesión de Política Social ten como finalidade a atención a menores de cero a seis anos, á súa familia e ó seu entorno; e que cubrirá a nenos e nenas de varios dos concellos do Barbanza. O anuncio fíxose durante unha das súas primeiras visitas como Delegado, na que elixiu o concello de Lousame, onde visitou os traballos que están a realizar os 20 alumnos do obradoiro de emprego que comparten os concellos de Noia e Lousame, e que contou cun investimento da Xunta de 180.000 euros. A alcaldes de Lousame, Teresa Villaverde, aproveitou a visita para agradecer as actuacións realizadas no concello ó aveiro da Xunta, pero tamén para advertir ó novo delegado das peticións que lle chegarán de agora en diante debido ás actuacións que quedan pendentes.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/visita_delegado_xunta_lousame_301120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/visita_delegado_xunta_lousame_30112016.mp4{/flowplayer}