Noia Histórica estrea un toten dixital

NOIA> A súa compra foi posible grazas a unha achega do Instituto Galego de Promoción Económica, dependente da consellería de Economía, Emprego e Industria

Noia estivo hoxe de estrea. A patronal local, en colaboración co Concello vén de adquirir un totem dixital no que se recolle toda a información da entidade, a nivel de campañas e promocións da asociación.

Dende o Concello destacaron a importancia deste moderno dispositivo que servirá para dar a coñecer as diferentes actividades que desenvolve a patronal. Ademais confían en que non sufra o ataque dos vándalos, que nos últimos tempos están a causar un importante dano no mobiliario urbano municipal

O dispositivo está emprazado ademais nun lugar privilexiado, a carón do IES Virxe do Mar, moi preto da alameda e do Concello. A súa adquisición foi posible grazas a unha achega do Igape. Noia Histórica e Concello non descartan no futuro poder incorporar outro dispositivo destas características e poder emprazalo noutro punto do casco urbano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí